XIV EDICIÓN DE ARZÚA ECOLÓXICA

A última semana do mes de novembro celébrase en Arzúa a décimo tercercia edición da súa Feira Ecolóxica. A cita máis importante do sector verde en Galicia.

UNHA RESPOSTA NECESARIA

Arzúa Ecolóxica, asentada no municipio dende o ano 2004, vén amosando ao mundo a produción natural e un xeito distinto de entender a relación da sociedade coa contorna.

É unha resposta necesaria aos movementos cívicos e concienciadores da sociedade galega.

Cocertos, degustacións, obradoiros, conferencias, actividades para os máis pequenos da casa e os centos de visitantes de cada edición, dan conta do vigor da mostra cada ano.

PRINCIPIOS

Arzúa Ecolóxica mantén dende a súa primeira edición uns principios claros que xiran arredor de elementos como o coidado do medio ambiente, das alternativas de produción e a difusión dos principios de sustentabilidade.

Os produtos de cada expositor participante na Feira están regulados en produción agraria ecolóxica ou biolóxica asegurando a transparencia en tódalas fases, tanto da mesma produción como da elaboración e comercialización.

OBXECTIVOS

1 – Ofrecer aos consumidores produtos saudables, de máxima calidade, nutritivos e satisfactorios polas súas cualidades organolépticas.

2 – Vivir e traballar nun ambiente sen contaminación e máis equilibrado sen riscos de toxicidade.

3 – Fomentar uns sistemas produtivos que axuden a manter este mundo como un lugar máis amigable, máis fermoso e, por riba de todo, máis habitable.

INCENTIVO DO COMERCIO LOCAL

Unha das finalidades de Arzúa Ecolóxica é o incentivo do comercio local reivindicando unha forma de comercio de proximidade, humana e de calidade sustentada na importancia económica tanto para as localidades como para a súa contorna.

Concello de arzua Consello Regulador da agricultura ecoloxica Certificacion ecoloxica

Tfno: 981 500 000  -  info@arzuaecoloxica.com  -  Facebook

© 2016 Arzúa Ecolóxica, Concello de Arzúa. Dereitos de copia e reprodución reservados.