PROGRAMACIÓN

BELLÓN MACEIRAS

DOMINGO 26
17 H

Daniel Bellón Diego Maceiras elixen como compañeiro de viaxe a Juan “Cabe” (guitarrista en BellónMaceiras Quinteto) nesta formación que servirá de presentación do seu terceiro disco TEN. Esta nova proposta afunda na fusión de ritmos e melodías de diferentes países. Gravaron este novo disco acompañados por músicos cos que coincidiron en diferentes momentos destes dez anos de proxecto como dúo. (Juan Cabe, María Moiséeva, María López, Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo e Oliver Wilson-Dickson). A filosofía de BellónMaceiras segue sendo utilizar a gaita xunto a outros instrumentos para interpretar pezas de distintos estilos e procedencias. En TEN, Daniel Bellón e Diego Maceiras volven mostrar a súa faceta como compositores en varios temas.

Concello de arzua Consello Regulador da agricultura ecoloxica Certificacion ecoloxica

Tfno: 981 500 000  -  info@arzuaecoloxica.com  -  Facebook

© 2016 Arzúa Ecolóxica, Concello de Arzúa. Dereitos de copia e reprodución reservados.