PROGRAMACIÓN

DE VACAS

DOMINGO 30
19 h

Lume puro! Auga fría!

Veñen De Vacas polo prado cantando e levan a radio acesa. Soan as clásicas: Cristina da Aguieira e Mónica da Laranxeira. Inspiradas por tanto talento escórnanse para crear novos xites, para que ti desfrutes. Mistura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos. Enchen prazas e teatros cunha paixón que contaxia. Están felices de atoparse hoxe aquí e non lles preguntes máis por que. Cantan en tódolos idiomas e inventan outros, todo xa non é abondo. Reivindican o guachinein, esa lingua minorizada. Aman aos nosos poetas e a Enrique Igrexas. Ai! Como soñan! Pero… que máis da? Sabes que o teu corazón con elas faiche bam! bam!

Ansia de xuventude e fusión internacional.

A vida ao seu lado toda é un carnival.

Vente ti tamén!

Concello de arzua Consello Regulador da agricultura ecoloxica Certificacion ecoloxica

Tfno: 981 500 000  -  info@arzuaecoloxica.com  -  Facebook

© 2018 Arzúa Ecolóxica, Concello de Arzúa. Dereitos de copia e reprodución reservados.