PROGRAMACIÓN

MJ PÉREZ

SÁBADO 25 
21 h

MJ Pérez é unha das novas voces do panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula xa case 100 concertos por diferentes cidades e vilas de Galicia. Suma xa tres discos, un autoeditado e dous autoproducidos.

A artista chega ao seu terceiro álbum logo dun ano marcado polo seu segundo posto no “VII Concurso Musical da Deputación da Coruña” (concursando con grupos como Bala, The Trunks ou Jamie Fifthring) e do lanzamento do single “A Peza Solta” coa colaboración da coruñesa Lidia Bao. A isto súmase o recente nomeamento de MJ como finalista do “Xuventude Crea 2017” e unha intensa xira de presentación do seu último disco.

Concello de arzua Consello Regulador da agricultura ecoloxica Certificacion ecoloxica

Tfno: 981 500 000  -  info@arzuaecoloxica.com  -  Facebook

© 2018 Arzúa Ecolóxica, Concello de Arzúa. Dereitos de copia e reprodución reservados.