PROGRAMACIÓN

OS MELIDAOS

SÁBADO 29
20 H

O grupo de música tradicional galega Os Melidaos naceu no ano 2001 en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Estes sete gaiteiros que cantan veñen desenvolvendo a súa actividade musical, dende hai máis de quince anos, con aquel principio como guía.

O seu repertorio nútrese de pezas do cancioneiro tradicional, dos arquivos dos Coros Históricos, de diferentes cuartetos ou agrupacións relevantes do noso país, cancións recollidas por eles mesmos; así como outras pezas da súa creación.

Concello de arzua Consello Regulador da agricultura ecoloxica Certificacion ecoloxica

Tfno: 981 500 000  -  info@arzuaecoloxica.com  -  Facebook

© 2018 Arzúa Ecolóxica, Concello de Arzúa. Dereitos de copia e reprodución reservados.