PROGRAMACIÓN

REVOLTANDO A TERRA

SÁBADO 29
AULA 3 – 12 h
A obra Revoltando á terra  é un libro  co que se pretende favorecer un debate necesario sobre o mundo rural hoxe en día. O obxectivo deste libro é tratar de elaborar un novo discurso sobre o mundo rural e/ou agrario galego, coherente e plural á vez, un novo relato para o agro que parte da experiencia común dos oito grupos de investigación participantes na rede REVOLTA de agroecoloxía, da que xorde este traballo.
Esta obra é o resultado dun experimento, dunha escrita colaborativa. Durante dous días, nove investigadores da rede ReVOLTA de agroecoloxía xuntáronse para elaborar de forma colectiva este traballo. A través da metodoloxía do book sprint creouse unha obra en común, que racha coa tradicional redacción de textos por separado. Grazas a esa metodoloxía procurábase que emerxera a intelixencia colectiva dos Investigadores da Aldea que participaron neste experimento.
A co-autoría deste experimento é de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo e son Xoan Carlos Carreira, Emilio Carral, Beatriz Corbacho González, Francisco Javier López González, Edelmiro López Iglesias, Teresa Rodríguez López e Xavier Simón sendo coautores tamén e coordinadores Fran Quiroga e Lourenzo Fernández Prieto, director de HISTAGRA, un dos oito grupos que sustenta a rede ReVOLTA de agroecoloxía. Ademais a obra conta cun collage da artista Elena MostoenVena.
O libro Revoltando á terra, reiventando o rural traza un diagnóstico do mundo rural e agrario galego actual; así como aporta un novo marco teórico do que botar man e recolle unha selección de 10 experiencias innovadoras que teñen abrollado no pais ao longo dos últimos anos e que poden servir de exemplo para ser replicadas noutros contextos.
Concello de arzua Consello Regulador da agricultura ecoloxica Certificacion ecoloxica

Tfno: 981 500 000  -  info@arzuaecoloxica.com  -  Facebook

© 2018 Arzúa Ecolóxica, Concello de Arzúa. Dereitos de copia e reprodución reservados.